lunes, 26 de octubre de 2015

Viveiro de empresas



Hola a todas e todos!! 
 Esta semana a encargada e encargado de levar o blog somos Isa e  Eloy.




Hoxe!!
En E.I.E visitamos o viveiro de empresas do centro.





Ideas boas que che rondan pola cabeza?
Queres emprender e necesitas asesoramento?
Non tes un lugar físico onde facelo?

Xa non tes excusa!!!!

No C.I.F.P Porta da Auga dispoñen de todo iso que precisas:
- Local físico: Dotado de tres equipos informáticos, teléfonos, mesas, cadeiras e moito máis.
- Asesoramento.
Todo isto de balde!!

Preguntaraste que precisas para gozar de todos estes privilexios... Pois case nada!!
- Estar estudando no centro.
- Ter estudado no centro nos últimos catro anos.
-Ter unha titulación F.P

Os dous primeiros anos de contrato son gratis.


Xa non hai excusa para emprender!!

Vémonos por estes lares, saudádenos sempre!! Saúdos a todas e todos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario