Mostrando entradas con la etiqueta castañas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta castañas. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de octubre de 2015

O Gran Día

Boas a todas e todos!

Hoxe traémosvos moitas fotos e grandes noticias; como xa sabedes, o xoves celebramos o Magosto no centro, e foi todo un éxito!!!

Comezamos a mañá saboreando doces que fixeron as alumnas e alumnos de Dependencia. ¡Qué rico estaba todo!
Pero había que deixar sitio para as castañas e os xogos populares, que se celebraron de 12:00 a 13:00h da mañá no patio do centro.
     

Todos os ciclos estaban convidados, e quixeron participar nesta gran festa, incluído mestres e mestras!






E coma sempre, nunha festa non pode faltar a música...tivemos unhas cantareiras moi especiais que amenizaron e disfrutaron cantando grandes temas!

Vémonos por estes lares, saudádenos sempre!! 
Saúdos a todas e todos!

martes, 27 de octubre de 2015

Magosto!


Boas tardes a todos e todas!!
 

Hoxe traemos en primicia pequenos adiantos do Magosto que celebraremos este xoves no centro.

Pero non so celebraremos o Magosto, teremos máis sorpresas como son xogos populares, e tamén venta de petiscos por parte dos alumnos/as de dependencia.

O que se recaude será destinado aos servizos sociais e ao apadriñamento de varios xogos populares.

Organizámonos en grupos e: uns a facer cucuruchos, carteis, escoller os xogos, avisar as diferentes clases…e outros cantar.



Aquí queda a proba de que todo vai vento en popa!






















Deixámosvos un adianto das voces celestiais dalgúns membros da clase...


Estades todos e todas convidados a este festín!




Vémonos por estes lares, saudádenos sempre, saúdos a todas e todos!