Mostrando entradas con la etiqueta ifam. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ifam. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de abril de 2016

Boas a todas e a Eloy!!

Xa era hora de que publicase eu a despedida no blog... Costoume sentar a escribir, porque no fondo non quería, a experiencia deste blog, foi moito máis alá do que pensei nun prinicipio e todo gracias a vós, os "meus" pequenos lumes, que coma sempre ardéchedes a vida enteira dando luz...

Que decirvos que non vos dixera xa.... Foi un pracer (con ratos da máis das absolutas desensperacións, jejejejej) acompañarvos durante estes meses no voso proceso, dende que entráchedes por primeira vez ao Porta da Auga, ata que saíchedes con case o título, a adicarvos a aquelo que soñabades... é un pracer ver que o conseguides tendo medrado como persoas e como profesionais, ver a evolución do alumnado é un dos grandes agasallos desta profesión, e moi pronto o ides comprobar... é un pracer, poder mirar atrás e ver todo o que temos feito, sodes un grupo co que todo podía ser se se soñaba... só facía falta imaxinación e crer con forza que era posible...as ganas e o esforzo viñan soas...
Con iso e cun pouco de "BLV" (Búscate La Vida) todos os problemas desta profesión serán solucionados, e se non se solucionan...non paga a pena preocuparse, como di o proverbio chino....

Vémonos en calquer sitio que queirades, sede felices e regulares (medio boas, medio malas), cantade e bailade sempre, e ride, ride con ganas...

Déixovos cun dos agasallos que me fixéchedes neste tempo e cun que vos fago eu, unha canción do meu grupo!! (Cecilia, non rías demasiado da miña pronunciación!)

Saudiños, saudiña e risas!!
CRis

viernes, 13 de noviembre de 2015

venres 13/11/15

Bos dias a tod@s!!!!!!

Hoxe comezamos o dia cunha clase de primeiros auxilios onde puidemos practicar a RCP e mais practicar co DEA.

Seguidamente tod@s puidemos dicir as nosas dudas respecto a realización dos procedementos de auxilio e a práctica da RCP.

Despois da clase de primeiros auxilios seguimos cunha clase de IFAM, que decidiramos cambiar ei por esta clase, na cal acabamos de ver a película “Fuerte apache”.


Seguidamente continuamos con DAF na cal terminamos de expoñer o tema 1 exposto por toda a clase.

Un saudo e unha forte aperta a tod@s

martes, 20 de octubre de 2015

Resumo: Intervención con familias e atención a menores en risco social

        Boas tardes pequenos lumes! Hoxe toca facer un breve resumo do visto no módulo de Intervención con familias e atención a menores en risco social esta semana. Comezamos a semana (onte concretamente) reflexionando sobre a película da que vos falaron a semana pasada as compañeiras Noelia e Mª José (enlace á entrada), “Descubriendo Nunca Jamás”. Esta sesión dedicámola a analizar o tratamento da infancia no filme, así como as relacións das e dos adultos coas nenas e nenos na época. Un xeito moi interesante de reflectir a concepción da infancia ao longo do tempo.
        Hoxe sen embargo, tocounos afondar nun tema máis denso e quizás menos ameno, pero non por elo menos importante: seguimos a traballar con lexislación. Fai dúas semanas, foron María e Lucía as encargadas de presentarvos a nova Lei de Protección á infancia e a Adolescencia facendo fincapé nas novas medidas tomadas a través desta lei (enlace á entrada). Esta semana o noso foco de atención estivo nas figuras xurídicas relacionadas coa protección do menor establecidas en dita lei. Deste xeito, falamos de conceptos como a patria potestade, a tutela, a garda, o acollemento familiar, a adopción e a emancipación todos definidos por esa mesma lei.

      En relación a este tema, queríamos presentarvos unha noticia que saíu onte nos xornais e da que nos fixemos eco hoxe durante a clase grazas ás nosas compañeiras.

        Esta noticia invita a reflexionar sobre moitos factores: os propios feitos, o tratamento da noticia, os xuízos que nela se formulan... pero sobre todo, fainos pensar na indefensión das pequenas e pequenos quen ao fin e ao cabo, son os que pagan sempre “os pratos rotos”. Gustaríanos moito poder contar coas vosas reflexións e opinións acerca desta noticia, xa sabedes que podedes deixar os vosos comentarios debaixo da entrada.
        Por último gustaríanos despedirnos cunha imaxe, a destas avoas gregas calmando a un bebé refuxiado sirio, que xa é viral en todo o mundo. Deixámosvos tamén un enlace á noticia que acompaña á fotografía, da que nos gustaría extraer unha frase: “En todas partes del mundo las abuelas son especiales”.

      
        Desfrutade do que queda de día! Un saúdo.

martes, 6 de octubre de 2015

Boa noite pequenos lumes!!!!


Hoxe na clase de Intervención con familias e menores en risco de exclusión social comezamos a traballar a nova Lei de Protección á infancia e a Adolescencia. A reforma está integrada por dúas normas, a Lei 26/2015, de 28 de xuño de Protección á Infancia e á Adolescencia, e a Lei Orgánica 8/2015. Estas leis modifican a Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor.
Algunhas das novas medidas están relacionadas con:
·         A axilidade nos procesos de acollida para menores de 6 anos de idade, nos que se priorizará o acollemento familiar fronte ao seu internamento en centros de acollida, simplificando o procedemento, sendo a Administración quen decida onde se aloxará o menor, mediante un mecanismo interterritorial de acollida, que permitirá que unha rexión recorra a outra en caso de non contar con familias dispoñibles.
·         No caso dos centros de acollida e outros dispositivos para menores con trastornos de conduta, a lei fixará as condicións mínimas e regula o seu funcionamento ( normas de entrada e saída, medidas disciplinarias …)
·         Establécense medidas para facilitar os procesos de adopción, a través do establecemento dos criterios comúns para que os pais e nais de acollida podan adoptar, a regulación do dereito dos nenos/as a coñecer o seu pasado.
·         A creación dun sistema de adopción aberta para os casos nos que o/a menor queira seguir mantendo relación con a su familia biolóxica, así como a creación dun rexistro de maltrato infantil de libre aceso para todos os servizos sociais de España
·         O recoñecemento dos menores como vítimas de violencia de xénero. Os fillos e fillas de nais vítimas de violencia de xénero dispoñerán da máxima protección que a lei otorga a súas nais.
·         A creación dun Rexistro de Delincuentes sexuais, no que se incluirá a información de condenados por delitos contra a liberdade sexual, trata de seres humanos e explotación de menores. Así mesmo, os traballadores que teñan contacto habitual con menores deberán probar que non foron condenados por delitos deste tipo.
Aquí deixámosvos o enlace da lei para que poidades profundizar ou para que teñades de fondo de armario... J

Chuchiños a moreas para todas e todo!!