martes, 20 de octubre de 2015

Resumo: Intervención con familias e atención a menores en risco social

        Boas tardes pequenos lumes! Hoxe toca facer un breve resumo do visto no módulo de Intervención con familias e atención a menores en risco social esta semana. Comezamos a semana (onte concretamente) reflexionando sobre a película da que vos falaron a semana pasada as compañeiras Noelia e Mª José (enlace á entrada), “Descubriendo Nunca Jamás”. Esta sesión dedicámola a analizar o tratamento da infancia no filme, así como as relacións das e dos adultos coas nenas e nenos na época. Un xeito moi interesante de reflectir a concepción da infancia ao longo do tempo.
        Hoxe sen embargo, tocounos afondar nun tema máis denso e quizás menos ameno, pero non por elo menos importante: seguimos a traballar con lexislación. Fai dúas semanas, foron María e Lucía as encargadas de presentarvos a nova Lei de Protección á infancia e a Adolescencia facendo fincapé nas novas medidas tomadas a través desta lei (enlace á entrada). Esta semana o noso foco de atención estivo nas figuras xurídicas relacionadas coa protección do menor establecidas en dita lei. Deste xeito, falamos de conceptos como a patria potestade, a tutela, a garda, o acollemento familiar, a adopción e a emancipación todos definidos por esa mesma lei.

      En relación a este tema, queríamos presentarvos unha noticia que saíu onte nos xornais e da que nos fixemos eco hoxe durante a clase grazas ás nosas compañeiras.

        Esta noticia invita a reflexionar sobre moitos factores: os propios feitos, o tratamento da noticia, os xuízos que nela se formulan... pero sobre todo, fainos pensar na indefensión das pequenas e pequenos quen ao fin e ao cabo, son os que pagan sempre “os pratos rotos”. Gustaríanos moito poder contar coas vosas reflexións e opinións acerca desta noticia, xa sabedes que podedes deixar os vosos comentarios debaixo da entrada.
        Por último gustaríanos despedirnos cunha imaxe, a destas avoas gregas calmando a un bebé refuxiado sirio, que xa é viral en todo o mundo. Deixámosvos tamén un enlace á noticia que acompaña á fotografía, da que nos gustaría extraer unha frase: “En todas partes del mundo las abuelas son especiales”.

      
        Desfrutade do que queda de día! Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario