martes, 6 de octubre de 2015

Boa noite pequenos lumes!!!!


Hoxe na clase de Intervención con familias e menores en risco de exclusión social comezamos a traballar a nova Lei de Protección á infancia e a Adolescencia. A reforma está integrada por dúas normas, a Lei 26/2015, de 28 de xuño de Protección á Infancia e á Adolescencia, e a Lei Orgánica 8/2015. Estas leis modifican a Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor.
Algunhas das novas medidas están relacionadas con:
·         A axilidade nos procesos de acollida para menores de 6 anos de idade, nos que se priorizará o acollemento familiar fronte ao seu internamento en centros de acollida, simplificando o procedemento, sendo a Administración quen decida onde se aloxará o menor, mediante un mecanismo interterritorial de acollida, que permitirá que unha rexión recorra a outra en caso de non contar con familias dispoñibles.
·         No caso dos centros de acollida e outros dispositivos para menores con trastornos de conduta, a lei fixará as condicións mínimas e regula o seu funcionamento ( normas de entrada e saída, medidas disciplinarias …)
·         Establécense medidas para facilitar os procesos de adopción, a través do establecemento dos criterios comúns para que os pais e nais de acollida podan adoptar, a regulación do dereito dos nenos/as a coñecer o seu pasado.
·         A creación dun sistema de adopción aberta para os casos nos que o/a menor queira seguir mantendo relación con a su familia biolóxica, así como a creación dun rexistro de maltrato infantil de libre aceso para todos os servizos sociais de España
·         O recoñecemento dos menores como vítimas de violencia de xénero. Os fillos e fillas de nais vítimas de violencia de xénero dispoñerán da máxima protección que a lei otorga a súas nais.
·         A creación dun Rexistro de Delincuentes sexuais, no que se incluirá a información de condenados por delitos contra a liberdade sexual, trata de seres humanos e explotación de menores. Así mesmo, os traballadores que teñan contacto habitual con menores deberán probar que non foron condenados por delitos deste tipo.
Aquí deixámosvos o enlace da lei para que poidades profundizar ou para que teñades de fondo de armario... J

Chuchiños a moreas para todas e todo!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario