Mostrando entradas con la etiqueta recordos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recordos. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de abril de 2016

Boas a todas e a Eloy!!

Xa era hora de que publicase eu a despedida no blog... Costoume sentar a escribir, porque no fondo non quería, a experiencia deste blog, foi moito máis alá do que pensei nun prinicipio e todo gracias a vós, os "meus" pequenos lumes, que coma sempre ardéchedes a vida enteira dando luz...

Que decirvos que non vos dixera xa.... Foi un pracer (con ratos da máis das absolutas desensperacións, jejejejej) acompañarvos durante estes meses no voso proceso, dende que entráchedes por primeira vez ao Porta da Auga, ata que saíchedes con case o título, a adicarvos a aquelo que soñabades... é un pracer ver que o conseguides tendo medrado como persoas e como profesionais, ver a evolución do alumnado é un dos grandes agasallos desta profesión, e moi pronto o ides comprobar... é un pracer, poder mirar atrás e ver todo o que temos feito, sodes un grupo co que todo podía ser se se soñaba... só facía falta imaxinación e crer con forza que era posible...as ganas e o esforzo viñan soas...
Con iso e cun pouco de "BLV" (Búscate La Vida) todos os problemas desta profesión serán solucionados, e se non se solucionan...non paga a pena preocuparse, como di o proverbio chino....

Vémonos en calquer sitio que queirades, sede felices e regulares (medio boas, medio malas), cantade e bailade sempre, e ride, ride con ganas...

Déixovos cun dos agasallos que me fixéchedes neste tempo e cun que vos fago eu, unha canción do meu grupo!! (Cecilia, non rías demasiado da miña pronunciación!)

Saudiños, saudiña e risas!!
CRis

domingo, 13 de marzo de 2016

AHORA SI QUE SI!!!

Boas noites pequenos lumiños!!!

Contovos un segredo? Estiven evitando o máximo posible escribir esta "despedida", porque iso significa que isto remata, e como comprenderedes, non me gusta nadiña!!! E sabedes porque? Pois porque conleva a que non vos vexa día a día a todas e cada unha de vos, e ao noso querido Eloy!! 
Que privilexio ser o único valente que se meteu na clase con 23 alumnas.... pero a parte diso, eres o noso neno mimado por ser tal e como eres (mereceste que che faga este pequeno comentario por aguantarnos a todas porque a verdade.... habia días nos que te desesperabamos).

Dito isto, non se me ocorren moitas mais cousas que decir, salvo que foi un ciclo no que coñecimos xente de moitos lugares diferentes, moitas personalidades diferentes, pero ao mesmo tempo moi especiais todas e cada unha delas. Un ciclo no que nos reimos moito, pero no que tamen houbo bágoas de emoción, e EMPATÍA (sempre recordarei esa clase de Verónica...), houbo momentos de desesperación sobre todo nas semanas de exames (madre mia como nos poñemos.... e eu a primeira :P ).....

Poderia seguir dicindo mil cousas, pero non procede saturar o blog tan bonito que pouco a pouco fumos creando aportando todos e todas o noso pequeno gran de area.

Agora si, espero seguir vendovos a todos e todas durante o camiño das nosas vidas, e oxalá nos crucemos moitas veces, tanto de festa, como traballando, ou simplemente coincidindo nunha rúa, pero cruzandonos porfavor!!! 


Isto comezou con unha presentación de pequenoslumes.... e eu quero "despedirme" recordandovos a todos e cada un de vos!!! 





GRACIAS por todo lumiños!!! 
Estamos en contacto!!


lunes, 2 de noviembre de 2015


Boas a todas e todos!!

Rematamos a ponte e acabouse o bo, esperamos que estos días vos serviran para cargar as pilas para este mes que comeza, vai ser moi intenso, cargado de traballos, exposicións e exames "probas escritas".


Deixámosvos esta canción que esperamos que vos traia boas lembranzas:


Despedímonos de todas e todos, rematou a nosa labor temporal, foi un pracer , e recordade: vémonos por estes lares, saudádenos sempre, saúdos!!

Importante:
Recordavos que mañá hai que estar as 7:45 na porta do instituto por mor da saída programada a Lugo, que durará toda a mañá.