Mostrando entradas con la etiqueta pequenos consellos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pequenos consellos. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de abril de 2016

Boas a todas e a Eloy!!

Xa era hora de que publicase eu a despedida no blog... Costoume sentar a escribir, porque no fondo non quería, a experiencia deste blog, foi moito máis alá do que pensei nun prinicipio e todo gracias a vós, os "meus" pequenos lumes, que coma sempre ardéchedes a vida enteira dando luz...

Que decirvos que non vos dixera xa.... Foi un pracer (con ratos da máis das absolutas desensperacións, jejejejej) acompañarvos durante estes meses no voso proceso, dende que entráchedes por primeira vez ao Porta da Auga, ata que saíchedes con case o título, a adicarvos a aquelo que soñabades... é un pracer ver que o conseguides tendo medrado como persoas e como profesionais, ver a evolución do alumnado é un dos grandes agasallos desta profesión, e moi pronto o ides comprobar... é un pracer, poder mirar atrás e ver todo o que temos feito, sodes un grupo co que todo podía ser se se soñaba... só facía falta imaxinación e crer con forza que era posible...as ganas e o esforzo viñan soas...
Con iso e cun pouco de "BLV" (Búscate La Vida) todos os problemas desta profesión serán solucionados, e se non se solucionan...non paga a pena preocuparse, como di o proverbio chino....

Vémonos en calquer sitio que queirades, sede felices e regulares (medio boas, medio malas), cantade e bailade sempre, e ride, ride con ganas...

Déixovos cun dos agasallos que me fixéchedes neste tempo e cun que vos fago eu, unha canción do meu grupo!! (Cecilia, non rías demasiado da miña pronunciación!)

Saudiños, saudiña e risas!!
CRis

domingo, 15 de noviembre de 2015

domingo 15/11/15

Esta semana, a cal nos tocou a Zoraida e a Noemi, chegou ao seu fin. queremos agradecenvos a tod@s os que ledes este blog por estar ahi.

E como un breve consello, agora que empeza a epoca de exames, vouvos dicir que tomedes un tempo para vos sen pensar neles, sendo como un breve periodo de tempo para tomalo nallgun pasatempo que vos guste e asi relaxarvos e que vos saian mellor todos os examenes que se avecinan.

Moita sorte a todos nos examenes que estan por vir e grazas a tod@s!!!!!! 

domingo, 11 de octubre de 2015

Ata a próxima...

Boa noite pequenoslumes!!!

A semana chegou ao seu fin... Pero inda queda un segundo domingo por disfrutar!!!

Hoxe si... Queremos q vexades quenes somos as q levamos unha semana cóntandovos algunha cousiña...



Queremos despedir a nosa semana e despedirnos de vós dicíndovos que nesta vida a todas ás cousas qu e se fan hai que buscarlles sempre o lado positivo, ás veces parece moi oculto pero sempre sempre o teñen... E sobre todo, hai que loitar polo que nos fai feliz, polo que nos enche e polo que queremos que sexa a nosa vida...

Biquiños, apertas, saudiños e saudiña a repartir!!!