Mostrando entradas con la etiqueta pequenos lumes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pequenos lumes. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de marzo de 2016

Pequenos Lumes, este blog foi curto pero intenso




Isto remata, non me gustan moito as despedidas por iso serei breve.

Fai 2 anos comezaba unha nova etapa da que me levo moi boas sensacións, recordos, persoas, coñecementos e moito máis!!

Grazas a toda esa xentiña que coñecín con esta experiencia, deséxovos o mellor a todos e a todas.

Agora quedan as prácticas que todos esperamos con ganas e das que supoño me levarei máis cousas boas. Espero aprender tamén algo de italiano e coñecer Padova.

Xa sabedes que en Guitiriz tedes unha parada obligatoria non solo pola torta de millo (mainzo) ;)





jueves, 12 de noviembre de 2015

xoves 12/11/15

Bo dia!!!!!

Hoxe comezamos o dia coa clase de habilidades onde a nosa profesora Verónica nos deu a escoller tres películas ( Solo es el principio, El Método, e La Caza) e un capitulo dunha serie chamada Mienteme. Destas tres opcións nun principio eliximos Solo es el principio, pero ao final acabamos vendo La Caza.





Ao final da clase terminamos cos un pequeno debate sobre a película o cal tivemos que aplazalo a medias para o próximo dia de clase de habilidades.


 Despois desta tivemos a clase de autonomía na cal o noso profesor sigueu dando temario ata que paramos para escoitar unha entrevista feita polo canal de radio a cope a nosa profesora Verónica Martinez sobre a actividade “cruzando versos” que estamos a realizar tod@s @s alumn@s de educación infantil, tanto de primeiro coma de segundo curso, xunto cos nosos profesores/as e coa colaboración d@s alumnos de cinco anos dos colexios do concello de Ribadeo.


Para rematar a clase de autonomia sigueu explicando unha parte do tema que esta a dar o noso profesor Diego.

Saudos a tod@s e unha forte aperta!!!!!!


lunes, 28 de septiembre de 2015

Presentación de Noemi Reigosa

Son Noemi Reigosa Fernández, vivo en Ferreira do valadouro e estou a cursar o 2º ciclo de educación infantil. espero que este curso que vamos cursar sexa especial para tod@s.O video que os deixo aqui para que vexades e a miña canción favorita a cal é melodies of  life, é unha canción moi bonita que espero que vos guste moito e que vos alegre cando esteñades tristes como me alegra a min.
                                                               melodies of life