Mostrando entradas con la etiqueta #pequenoslumes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #pequenoslumes. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de abril de 2016

Boas a todas e a Eloy!!

Xa era hora de que publicase eu a despedida no blog... Costoume sentar a escribir, porque no fondo non quería, a experiencia deste blog, foi moito máis alá do que pensei nun prinicipio e todo gracias a vós, os "meus" pequenos lumes, que coma sempre ardéchedes a vida enteira dando luz...

Que decirvos que non vos dixera xa.... Foi un pracer (con ratos da máis das absolutas desensperacións, jejejejej) acompañarvos durante estes meses no voso proceso, dende que entráchedes por primeira vez ao Porta da Auga, ata que saíchedes con case o título, a adicarvos a aquelo que soñabades... é un pracer ver que o conseguides tendo medrado como persoas e como profesionais, ver a evolución do alumnado é un dos grandes agasallos desta profesión, e moi pronto o ides comprobar... é un pracer, poder mirar atrás e ver todo o que temos feito, sodes un grupo co que todo podía ser se se soñaba... só facía falta imaxinación e crer con forza que era posible...as ganas e o esforzo viñan soas...
Con iso e cun pouco de "BLV" (Búscate La Vida) todos os problemas desta profesión serán solucionados, e se non se solucionan...non paga a pena preocuparse, como di o proverbio chino....

Vémonos en calquer sitio que queirades, sede felices e regulares (medio boas, medio malas), cantade e bailade sempre, e ride, ride con ganas...

Déixovos cun dos agasallos que me fixéchedes neste tempo e cun que vos fago eu, unha canción do meu grupo!! (Cecilia, non rías demasiado da miña pronunciación!)

Saudiños, saudiña e risas!!
CRis

domingo, 13 de marzo de 2016

Acabouse o que se daba


A primeira etapa desta experiencia, que comecei en Outubro de 2014 do ano pasado chega a súa fin, esta semana. Non quero que sexa unha despedida, senon un "deica logo", foron dous cursos cargados de satisfacións, decepcións, superación e moitas alegrías, esto todo foi grazas a vos COMPPAÑEIRAS, aprendín moito de vos, vaisevos botar en falla no día a día.

Grazas a todas por  acompañarme nesta aventura!!

Son unha mais!!




Adxunto este videoclip,unha por que esta rodado en Santiago, xa sabedes que estades obligadas a virme visitar cando queirades e duas por que agora hai que celebrar que se acabaron os exames e esperovos ver en moitas festas!!

lunes, 7 de diciembre de 2015

Boas Lumiñ@s!

Hoxe comezamos nova semana, e como tod@s sabedes, esta é especialmente curta grazas á ponte de Decembro

A pesar de que ata o Mércores non volvemos á clase, non temos tempo para moito xa que seguimos ó pe do cañón con traballos, exames, preparando presentacións (que saíremos expertas en isto jajajaja)...


Agora vamos presentarnos, as que esta semana estamos ao cargo deste blog:





Eu son María Rivas, vivo en Burela e teño 24 anos. Son unha persoa tranquila e moi cariñosa. Gústame moito leer, coser, estar cos amigos, pero sobre todo, os nenos/as. 














Eu son Raquel Blas, vivo en Cervo e teño 22 anos. Son unha persoa moi risueña, e, aínda que non o demostre demasiado, moi cariñosa. Gústame salir cos amigos, cantar, o fútbol e sobre todo, desde fai 2 anos, encantame estar coa miña afillada, Leire.









Tanto María, como eu, Raquel, estamos encantadas de esta semana poder contarvos todo o que facemos na clase. 

Sólo queda despedirnos, e desexarvos que o pasedes moi ben os días que quedan de ponte, pero, non vos olvidedes do examen do Xoves de Autonomía!





Ata o próximo día Lumiñ@s!!!!! 




martes, 1 de diciembre de 2015

Boa e fría tarde-noite pequenos lumiñ@s!!!! Comezamos o mes de decembro, e xa podemos ir descontando os poucos días que quedan para o Nadal, e como non para as tan ansiadas vacacións.

En primer lugar vamos facer un breve repaso do día de hoxe na clase:

En IFAM dedicamos as clases para rematar de ver a materia que entra para o exame que temos a vindeira semana.

En DAF, dado que xa rematamos a materia que pertence a esta avaliación, comezamos a organizar a materia e as fechas de exposicións e exames da vindeira avaliación. Noutra parte da clase estivemos a organizarnos para realizar uns vídeos explicativos sa actividade xa realizada "Cruzando Versos".

E como xa comentamos ontes, algo que nos gusta moito a nós (Sonia e Noe) son os xogos musicais galegos, entón decidimos que esta semana nos vamos a encargar de encher o blogue deste tipò de xogos xa que nos parece que os nenos e nenas deben de coñecer a nosa cultura ; e de que mellor maneira que xogando e cantando.

Pois hoxe o turno tócalle a PESDELÁN.O grupo Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.). O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido. É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas. Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.

Un dos xogos que tanto personalmente nos gusta como triunfa nos nenos e nenas é o coñecido "Xogo da Carrasquiña". É un recurso co cal se pode traballar con nenos e nenas de todas as idades unha serie de aspectos como a memorización, a motricidade, relaxación,activación ... Deixámosvos un vídeo protagonizados por uns nenos e nenas dun cole para que vexades un exempo: 






E ata aquí chega toda nosa publicación!!! estudiade moito para o exame de mañá lumiños !!!!!!