martes, 12 de abril de 2016

Boas a todas e a Eloy!!

Xa era hora de que publicase eu a despedida no blog... Costoume sentar a escribir, porque no fondo non quería, a experiencia deste blog, foi moito máis alá do que pensei nun prinicipio e todo gracias a vós, os "meus" pequenos lumes, que coma sempre ardéchedes a vida enteira dando luz...

Que decirvos que non vos dixera xa.... Foi un pracer (con ratos da máis das absolutas desensperacións, jejejejej) acompañarvos durante estes meses no voso proceso, dende que entráchedes por primeira vez ao Porta da Auga, ata que saíchedes con case o título, a adicarvos a aquelo que soñabades... é un pracer ver que o conseguides tendo medrado como persoas e como profesionais, ver a evolución do alumnado é un dos grandes agasallos desta profesión, e moi pronto o ides comprobar... é un pracer, poder mirar atrás e ver todo o que temos feito, sodes un grupo co que todo podía ser se se soñaba... só facía falta imaxinación e crer con forza que era posible...as ganas e o esforzo viñan soas...
Con iso e cun pouco de "BLV" (Búscate La Vida) todos os problemas desta profesión serán solucionados, e se non se solucionan...non paga a pena preocuparse, como di o proverbio chino....

Vémonos en calquer sitio que queirades, sede felices e regulares (medio boas, medio malas), cantade e bailade sempre, e ride, ride con ganas...

Déixovos cun dos agasallos que me fixéchedes neste tempo e cun que vos fago eu, unha canción do meu grupo!! (Cecilia, non rías demasiado da miña pronunciación!)

Saudiños, saudiña e risas!!
CRis

lunes, 14 de marzo de 2016

E chegou o final ...

Vouche dala despedida ,
non é para me marchar-e.
É para dalo pandeiro 
a quen o queira tocar-e.

Como non, non había mellor maneira que me defina a min para empezar isto que unha copliña, e como di esto non é unha despedida para marchar senon para seguir andando camiño , e non soa senon con todas aquelas persoas coas cales compartin moitas experiencias durante estos dous anos. 

Foron moitas horas as que pasamos xuntos, e elas foron as culpables de todos os bos momentos e non tan bos que ao final todos os momentos son bos e gratificantes. 

Deséxovos todo o mellor a todas e a Eloy !!!! 

Non é un adiós é un ata logo !!!




ATA SEMPRE LUMIÑOS !!!!

Parece increíble que xa estemos na recta final do ciclo! 
Qué lonxano parecía este momento aquel primeiro día de clase!
O mellor de todo é que agora vamos a pasar de convivir con persoas adultas no noso día a día (compañeir@s e profes) a facelo con esas persoas tan especiais que son os nenos e as nenas!
Antes de despedirme, desexarvos a tod@s moitísima sorte nas vosas vidas e espero que nos volvamos a atopar nalgún momento! (de momento nas tutorías do proxecto)
Despídome con unha canción de dous artistas galegos que a min persoalmente me gustan moito!
ATA OUTRA!

Turnedo (Iván Ferreiro e Xoel López)

Todo lo que empieza acaba...

Todo lo que empieza acaba....fue un año y medio largo e intenso pero ahora todo tiene sus frutos. 
De todos estos meses de madrugones, estrés, exámenes, clases interminables y muchas horas de estudio, me llevo cosas positivas, ratos divertidos y anecdóticos que guardaré con cariño.
Espero que la experiencia que comienza ahora os llene de buenas e inolvidables vivencias y que podáis aplicar todos los conocimientos que con esfuerzo y sacrificio adquirimos durante este tiempo.

Suerte a todas y Eloy!

Firmado: La delegada ;)

Un contiño.


"Érase unha vez unha nena...
Alguén a quen lle encantan os pequenos e as pequenas... alguén que ten un saquiño de desexos e o obxectivo de cumprilos todos pouco a pouco... 

Un bo día do 2014 decidiu comezar unha nova aventura chamada: Educación Infantil. Colleu todas as ganas e sumou horas e horas de clases ao seu día a día. Sabía que ía ser unha experiencia incrible pero... tan incrible??? non.
Foron meses e meses de esforzo pero de sorrisos, de moitos sorrisos. Foron días e días de aprendizaxe, de moito aprendizaxe, e todo porque compartir a experiencia con 33 persoas e un bo puñado de profes é algo inesquecible para ela... de cada unha desas persoas ten algo que levarse e unha ensinanza aprendida... Soamente lles desexa o mellor do mellor nas novas etapas e nos novos camiños e recórdalles que a vida é cíclica: nunca se sabe en que cruce do camiño te atopas con quen... ;) Non me importaría volver atoparme con vós!

Sempre digo que de todas as etapas e experiencias da vida te levas a alguén ou a alguenes... grazas a quenes vides conmigo logo de superar uns cantos módulos. ;) 


Ah... esa nena protagonista deste pequeno conto, son eu ;) 






Colorín colorado, o conto non está rematado..."

Despedida

Otra etapa más que se termina y tengo que decir que me llevo un montón de experiencias, momentos maravillosos y otros no tan buenos pero necesarios y personas importantes que hicieron este camino un poco más fácil y que me alegro un montón de tenerlas en mi vida.

¡Mucha suerte a todos/as!

Ata sempre!

Chegamos á fin, á fin das clases, á fin dos exames, á fin dos traballos, á fin dos apuros, á fin das noites sen durmir... 
pero tamén á fin do traballo en equipo, á fin das técnicas de relaxación, á fin das clases no patio, á fin de compartir cada día un chachiño máis de cada unha (e un) de nós, á fin da terapia en grupo, á fin das charlas na cafetería, á fin das escapadas ao Xardín...
Nestes dous anos vivimos e compartimos bos e malos momentos e é agora, cando botamos contas dos resultados, cando, aínda que levemos meses desexando que chegue este día, dámonos conta do que nos botaremos de menos.
Grazas por compartir comigo estes dous anos dos que me levo aprendizaxe, amizade e un soño cumprido e... TODO O QUE QUEDA POR VIR!

Ata sempre!

(Déixovos unha foto desta mesma mañá, o último traballo, feito con imaxinación, traballo duro e moitas moitas ganas!)