lunes, 14 de marzo de 2016

Un contiño.


"Érase unha vez unha nena...
Alguén a quen lle encantan os pequenos e as pequenas... alguén que ten un saquiño de desexos e o obxectivo de cumprilos todos pouco a pouco... 

Un bo día do 2014 decidiu comezar unha nova aventura chamada: Educación Infantil. Colleu todas as ganas e sumou horas e horas de clases ao seu día a día. Sabía que ía ser unha experiencia incrible pero... tan incrible??? non.
Foron meses e meses de esforzo pero de sorrisos, de moitos sorrisos. Foron días e días de aprendizaxe, de moito aprendizaxe, e todo porque compartir a experiencia con 33 persoas e un bo puñado de profes é algo inesquecible para ela... de cada unha desas persoas ten algo que levarse e unha ensinanza aprendida... Soamente lles desexa o mellor do mellor nas novas etapas e nos novos camiños e recórdalles que a vida é cíclica: nunca se sabe en que cruce do camiño te atopas con quen... ;) Non me importaría volver atoparme con vós!

Sempre digo que de todas as etapas e experiencias da vida te levas a alguén ou a alguenes... grazas a quenes vides conmigo logo de superar uns cantos módulos. ;) 


Ah... esa nena protagonista deste pequeno conto, son eu ;) 






Colorín colorado, o conto non está rematado..."

No hay comentarios:

Publicar un comentario