domingo, 13 de marzo de 2016

AHORA SI QUE SI!!!

Boas noites pequenos lumiños!!!

Contovos un segredo? Estiven evitando o máximo posible escribir esta "despedida", porque iso significa que isto remata, e como comprenderedes, non me gusta nadiña!!! E sabedes porque? Pois porque conleva a que non vos vexa día a día a todas e cada unha de vos, e ao noso querido Eloy!! 
Que privilexio ser o único valente que se meteu na clase con 23 alumnas.... pero a parte diso, eres o noso neno mimado por ser tal e como eres (mereceste que che faga este pequeno comentario por aguantarnos a todas porque a verdade.... habia días nos que te desesperabamos).

Dito isto, non se me ocorren moitas mais cousas que decir, salvo que foi un ciclo no que coñecimos xente de moitos lugares diferentes, moitas personalidades diferentes, pero ao mesmo tempo moi especiais todas e cada unha delas. Un ciclo no que nos reimos moito, pero no que tamen houbo bágoas de emoción, e EMPATÍA (sempre recordarei esa clase de Verónica...), houbo momentos de desesperación sobre todo nas semanas de exames (madre mia como nos poñemos.... e eu a primeira :P ).....

Poderia seguir dicindo mil cousas, pero non procede saturar o blog tan bonito que pouco a pouco fumos creando aportando todos e todas o noso pequeno gran de area.

Agora si, espero seguir vendovos a todos e todas durante o camiño das nosas vidas, e oxalá nos crucemos moitas veces, tanto de festa, como traballando, ou simplemente coincidindo nunha rúa, pero cruzandonos porfavor!!! 


Isto comezou con unha presentación de pequenoslumes.... e eu quero "despedirme" recordandovos a todos e cada un de vos!!! 





GRACIAS por todo lumiños!!! 
Estamos en contacto!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario