domingo, 25 de octubre de 2015

Vémonos pronto!

         Bo día pequenos lumes! Hoxe remata a nosa semana como "coidadoras" deste fermoso lugar no que se está a converter día a día o noso mar de pequenos lumes. Grazas por darnos voz, lernos e deixarnos entrar nos vosos ordenadores durante estes sete días. Esperamos que a nosa compaña e as aportacións que fixemos coas nosas entradas ao longo desta semana foran do voso agrado. Fíxosenos curto! Seguiremos en contacto con todas e todos vós.
         Para rematar queremos deixarvos cunha peza que utilizaron as nosas compañeiras María, Judit, Kathy, Mª José e a propia Patri na dinámica que realizaron o venres durante a clase. Trátase dunha peza instrumental co “Hang drum” como protagonista. Esta música invita á relaxación, á reflexión e cremos que pode resultarvos interesante para desfrutar da tarde do domingo.




Desfrutade do que queda de fin de semana, un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario