viernes, 9 de octubre de 2015

Quen dixo habilidades??? ;)

Boa noite pequenoslumes!!!

Todo o bon se fai agardar...  E o venres chegou!!! A pasar e todo un gran fin de semana... E esta vez máis longo do habitual! ;)

Gustaríanos compartir hoxe con todos vós o que nos aportou o módulo de Habilidades Sociais esta mañá...
Estamos comezando a traballar dinámicas de grupo, con todo o que iso conleva, é dicir, moito esforzo por parte de quenes as prepara e moito involucramento por parte de quenes participan, pois senón de pouco serviría...


Desde as dinámicas de grupo trabállanse case todos as facultades e relacións humanas que queiramos.
Hoxe foi o turno de traballar a conexión entre o grupo: cada grupo tiña que realizar un debuxo conxunto na pizarra, para iso os compoñentes saían de un en un ou dunha nunha cos ollos vendados, as guías da dinámica dicían que debuxo debía facer e o grupo guiaba con aplausos pero co inconvinte de que o resto de grupos podían molestar con outro tipo de ruidos...



Foi un exitazo! Moi moi divertida... Pero de todos é sabido que o ser humano é competitivo por natureza, e nós non fumos menos! Mais recordade sempre que todas as dinámicas que impliquen competencia entre grupos ou persoas están feitas para provocar situacións das que a propia dinámica nos vai ensinar a sair!


Recordade disfrutar un montonazo destes días! Apertiñas para repartir :)

1 comentario:

  1. Hola.
    Si que fue divertida y desestresante la clase de ayer de Habilidades.
    Gracias a Yaiza y a Raquel por tener tanta paciencia con nosotras ya que fuimos unas alumnas un poco rebeldes y nos costó respetar las reglas de la dinámica. Aun así lo hicisteis muy bien, felicidades.
    Saludos.

    ResponderEliminar