miércoles, 7 de octubre de 2015

Con habilidade...

Boa noite pequenoslumes!!!

Estamos no ecuador da semana escolar… J un pequeniño sprint e un gran fin de semana por diante!!!

Como recordatorio do día de hoxe… gustaríanos destacar o momento “clase de habilidades sociais ao aire libre” , o certo é que non estamos nada acostumadas e acostumados a estas cousas… e que mellor xeito de recordalo que cunhas imaxes!



Vivimos nunha sociedade onde as habilidades sociais son sinónimo de comunicación, e o tempo vainos tan rápido e andamos sempre tan apurados e apuradas que non paramos a pensar todo o que dicimos sen falar, sen expresar sons, sen facer ruído, é dicir, todo o que dicimos co noso corpo.

Hoxe no módulo de Habilidades Sociais, rematamos coa dinámica proposta na clase anterior pola profesora (chámase Verónica) na cal cada unha de nós e cada un de nós, tiñamos que falar durante un minuto dun tema que unha compañeira ou compañeiro escollida/o ao azar nos dicían…
Ao rematar cada discurso, comentabamos o ben que o fixemos cada unha e cada un de nós pero todas e todos coincidimos en que o acompañamento de xestos é unha porcentaxe bastante elevada da comunicación entre as persoas, os xestos son expresión. A esa comunicación xestual identifícaselle como “comunicación non verbal”. 
Hai pola rede moita información sobre este tema (non toda válida nin fiable), e de seguro que temos uns meses por diante para aprender moito sobre el… pero nós consideramos que unha forma cómica e ao mesmo tempo explicativa de introducirnos nel é o seguinte vídeo:


Apertas a montóns!

No hay comentarios:

Publicar un comentario