miércoles, 21 de octubre de 2015

Aprendemos a salvar vidas e a convivir a través do liderazgo.

A mañá de hoxe resultou moi entretida e produtiva. Entre todas as cousas que fixemos gustaríanos destacar dúas:
En primeiro lugar, no módulo de primeiros auxilios estamos aprendendo a realizar a RCP en persoas adultas, nenas e nenos e lactantes. Xa levamos varias sesións facéndonos expertas nesta materia que por certo, non é nada doada, e parece que estamos a perfeccionar a técnica.
Hoxe falamos das mulleres embarazadas e das peculiaridades que para elas ten a técnica da RCP. Nos casos de xestacións avanzadas, e sempre que dispoñamos dun equipo de dúas persoas para realizar a RCP, deberemos colocar á muller en posición de cúbito supino e mentres un dos membros do equipo encárgase da RCP, o outro deberá desprazar o útero cara o lado esquerdo da muller para así facilitar a descompresión aortocávica que produce o peso do bebé sobre a nai. Trátase dunha manobra que facilita a realización dunha RCP de calidade. Aquí vos deixamos unhas fotos das nosas compañeiras facendo a RCP.





Por outra banda, a segunda actividade que nos gustaría comentar é unha dinámica de grupo posta en práctica durante o módulo de habilidades sociais. Tratouse dunha actividade organizada por 6 compañeiras e dirixida por unha delas (o pequeno lume Lucía), proposta para traballar o liderazgo.
Tres presidentas de comunidades veciñais reuniron aos seus veciños para tratar temas da comunidade seguindo unha orde do día proporcionada pola propia Lucía. Repartiuse a clase en tres grupos e a cada membro do grupo déuselle un rol a interpretar: sacerdotes, familias musulmás, parellas homosexuais, persoas maiores con firmes crenzas sobre a familia... estes foron algúns dos papeis que nos tocou reflectir. En canto ás presidentas das comunidades: unha autoritaria, unha demócrata e unha liberal. O papel que interpretaba cada quen mantívose en secreto ata o final da actividade, aínda que obviamente, moitos puidéronse adiviñar observando as actitudes de cada persoa. Tras aproximadamente 30 minutos de reunión en cada comunidade, puxemos as nosas conclusións en común, sempre guiados por Lucía. Todo un éxito: unha guía da actividade excepcional e unha colaboración e participación de toda a clase extraordinaria. Creo que todas saimos encantadas coa experiencia, verdade compañeiras e compañeiro? Coma sempre invitámosvos a participar na nosa entrada facendo os vosos comentarios.

Un saúdo e bo día!

No hay comentarios:

Publicar un comentario