lunes, 30 de noviembre de 2015

Boas tardes pequenos lumes!!!
Xa volvemos a estar a luns; que rápido pasan as semanas!
Esta semana as encargadas do blog somos Noe Barrera e Sonia Rubiños, así que iremos contando todo o que aconteza na clase sen perder detalle.
Primeiro vamos comezar coas nosas presentacións:


Son Noe Barrera Ron. Vivo en Ribadeo. Teño un carácter un tanto especial aínda que son moi risueña e mooooooooooiiiiiiiiiiiiii falangueira. Estudei Diplomatura de Maxisterio de Educación Primaria e agora estou complementando co ciclo de Educación Infantil. Unha gran afección miña é a música, especialmente a música tradicional da nos a terra!!! Tamén disfrutar da natureza, o cine, o teatro,...





Son Sonia Rubiños. Vivo en Vilalba. Son unha persoa tranquila e tímida. Despois de varios anos traballando na hostelería decidín retomar os estudos e estou a facer o ciclo de Educación Infantil no CIFP Porta da Auga de Ribadeo. Gústame ler, escoitar música, o cine, pasear e estar coa miña xente querida, especialmente coa miña filla de tres anos e medio, Ainara.





Agora vamos entrando en materia e faremos un breve resumo do día de hoxe na aula:

En EIE comezamos a traballar no proxecto empresarial que temos que realizar para entregar a finais da segunda avaliación.
En Autonomía seguimos coa explicación do tema, acompañado dun exemplo práctico de cómo asear a un neno ou nena nos primeiros anos da súa vida.



En IFAM estivemos facendo uns casos prácticos poñéndonos na pel dunha familia democrática (que é o tipo de familia ideal) e vendo uns consellos prácticos sobre parentalidade positiva e bo trato.

https://www.savethechildren.es/publicaciones/10-consejos-para-educar-queriendo
Tamén falamos sobre "a regra de Kiko" que axuda a previr a violencia sexual.
https://www.youtube.com/watch?v=UyZA2uNB5rg
Case ao final da clase comezamos a ver o documental Infancia Rota que trata sobre violencia sexual e contén testimonios reais.
https://www.youtube.com/watch?v=lNdhd7jZn3s

1 comentario:

  1. Buen comienzo de semana a tod@s.
    Me pareció muyinteresante conocer la "Regla de Kiko" para ayudar a los niños y niñas en la prevención de los abusos sexuales. Desde Infantil ya se puede trabajar con ell@s en el aula. Es muy importante que distingan entre lo que es una relación normal con los adultos y lo que es abuso. Como educadoras debemos de conocer bien.los diferentes indicadores que nos señalan que puede existir un maltrato sexual dentro de nuestro futuro grupo de alumn@s. Y tener herramientas para ello.
    Saludos.
    Patri M.

    ResponderEliminar