miércoles, 18 de noviembre de 2015

Boa tarde lumiños/as!!

Xa estamos a mércores, metade da semaniña así que moito ánimo que xa non falta nada para o venres.

Hoxe foi un día bastante tranquilo... Comezamos por autonomía, vendo a forma progresiva na que se lle vai modificando a dieta ás/aos máis pequenas/os, un mundo novo para algunhas!! 

Por se vos interesa aquí deixo un pequeno resume bastante completo:


En primeiros auxilios comezamos a ver as maniobras da OVACE, que se realiza en casos de atragoamentos. Debido a que calquera se pode ver na situación de ter que axudar a alguén que está a sufrir un atragoamento, deixovos un vídeo para que poidades recordalo.



E como non, ao tratarse de primeiros auxilios, un algoritmo para ter as cousiñas moito máis claras!!

E rematamos a mañan da mellor forma posible, cun SIMULACRO DE EXAME!!!

Como as manualidades soe ser algo que á maioría nos relaxa e ás/aos peques lles encanta, comparto con vos un par de blogs que me pareceron moi interesantes (un deles é dunha ludoteca de Asturias, para que vexades a cantidade de cousas que traballa):




Isto é todo, que o de hoxe foi un simulacro pero mañan afrontaremonos todas/o á temible proba escrita!! 
Recordade, repaso e calma... É doado!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario