lunes, 9 de noviembre de 2015

BENVIDA A SEMANA DO BLOG DA CLASE DE NOEMÍ E ZORAIDA

Moi bos días a todas e todo!!!

Hoxe comeza a semana na que Noemí e máis eu, Zoraida, nos encargamos do blog da clase e facémolo con moito gusto. 

Tod@s sabedes que nós as dúas somos persoas moi moi tímidas e retraídas, pero esta semana imos vencer esa timidez e contarvos con detalle e agarimo todo o que acontece na aula día a día.

Por outra banda, esta é unha semana que alberga moitas tensións por mor de algunhas exposicións dos módulos de DAF e HHSS, e tamén polo primeiro exame do curso que temos o mércores e correspondelle ao módulo de Autonomía. Dende a miña persoa, desexovos moitísima sorte a tod@s e que poidamos aprobar este primeiro exame e todos os que quedan claro, a ser posiblecon boa nota. ;)

Por outro lado vou falar das cousas que fixemos hoxe en clase. En Autonomía seguimos coas exposicións da gastronomía de diferentes culturas que empezamos o xoves da semana anterior; primeiramente acabamos a exposición da gastronomía asiática que non acabaran o xoves, despois continuamos coa gastronomía arábica, e por último, a gastronomía africana.

Na clase de IFAM, primeiramente tivemos que entregar o resumo duns artigos da lei 26/2015 que nos pediu a profesora para afianzar conceptos. A parte disto, tamén tivemos que organizar por grupos a actividade de "Cruzando versos".

Continuando por outro lado, deixovos a ligazón da noticia sobre a colaboración que fixo o alumnado de 1º de Dependencia na iniciativa "Tecemos por Siria", a ligazón e de La Voz de Galicia, onde aparecen elas coma protagonistas amosando a manta que ganchillaron e calcetaron con cariño e solidariedade.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2015/10/22/alumnado-porta-da-auga-teje-mantas-siria/0003_201510X22C6991.htm
Para finalizar, deixovos unha foto da famosa marca "Mr Wonderfull" para que vos anime nesta semana que nos espera. 
Saúdos, un bico e unha aperta moi forte!!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario