Bos dias
Lumiñ@s!!!
Porfin estamos a
sábado e podemos "descansar" un pouquiño, aunque non podemos
esquecernos do exame do luns.... ese que nos trae de cabeza... pero bueno,
agora imos facer un pequeno repaso do día de onte:
O día foi bo,
posto que tivemos menos horas de clase ao faltar o noso profesor de primeiros
auxilios, pero non foi ningún contratempo xa que houbo persoas que aproveitamos
para estudar ifam nesas horas.
Na seguinte hora
demos o último repaso antes do exame e mareamos da cabeza a nosa profesora coas
nosas dúbidas e nervios previos ao exame, pero logo, a nosa profesora de
habilidades, ao vernos, decidiu que era mellor ir dar a clase a.....
A sí, levounos
para o xardín a que nos dera o sol e dar a clase de forma máis amena.... e
houbo quen aproveitou para empezar a empaparse do espírito de nadal e se
acercaron ao acivro (cheo de boliñas vermellas) para sacar esta fotiño.....
.... pode ser
unha boa postal de nadal non?
E agora chega o
momento de dicirvos que: ánimo que tan só nos queda un último esforzo e a
partires de luns podemos liberarnos un pouquiño!! Vamos a polo último
exame estudando estes días ao máximo e
así pasar despois un bo nadal!!!
Pasade boa finde
compañeir@s!!!
Ata a próxima!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario