lunes, 14 de marzo de 2016

HASTA SIEMPRE PEQUENOS LUMES!!



No soy mucho de escribir... soy más de hablar! Así que ahí va... Muchísima suerte y un biquiño enorme para todas y para el chico fuerte!!

Pequenos Lumes, este blog foi curto pero intenso




Isto remata, non me gustan moito as despedidas por iso serei breve.

Fai 2 anos comezaba unha nova etapa da que me levo moi boas sensacións, recordos, persoas, coñecementos e moito máis!!

Grazas a toda esa xentiña que coñecín con esta experiencia, deséxovos o mellor a todos e a todas.

Agora quedan as prácticas que todos esperamos con ganas e das que supoño me levarei máis cousas boas. Espero aprender tamén algo de italiano e coñecer Padova.

Xa sabedes que en Guitiriz tedes unha parada obligatoria non solo pola torta de millo (mainzo) ;)





The End

Buenos días Pequenoslumes

Bueno pues como ya sabéis todo lo que empieza también termina, 
ya solo queda esta semana para que cada una y nuestro Eloy sigamos
camino. 
En estos dos años me llevo buenas experiencias otras no tan buenas 
pero de las que también se aprende, risas compartidas, pitos a medias ...
pero sobre todo buenas personas, ahí seguiré estando siempre que queráis.

Os dejo una canción de "The Doors" muy acertada para el momento

THE END


domingo, 13 de marzo de 2016

AHORA SI QUE SI!!!

Boas noites pequenos lumiños!!!

Contovos un segredo? Estiven evitando o máximo posible escribir esta "despedida", porque iso significa que isto remata, e como comprenderedes, non me gusta nadiña!!! E sabedes porque? Pois porque conleva a que non vos vexa día a día a todas e cada unha de vos, e ao noso querido Eloy!! 
Que privilexio ser o único valente que se meteu na clase con 23 alumnas.... pero a parte diso, eres o noso neno mimado por ser tal e como eres (mereceste que che faga este pequeno comentario por aguantarnos a todas porque a verdade.... habia días nos que te desesperabamos).

Dito isto, non se me ocorren moitas mais cousas que decir, salvo que foi un ciclo no que coñecimos xente de moitos lugares diferentes, moitas personalidades diferentes, pero ao mesmo tempo moi especiais todas e cada unha delas. Un ciclo no que nos reimos moito, pero no que tamen houbo bágoas de emoción, e EMPATÍA (sempre recordarei esa clase de Verónica...), houbo momentos de desesperación sobre todo nas semanas de exames (madre mia como nos poñemos.... e eu a primeira :P ).....

Poderia seguir dicindo mil cousas, pero non procede saturar o blog tan bonito que pouco a pouco fumos creando aportando todos e todas o noso pequeno gran de area.

Agora si, espero seguir vendovos a todos e todas durante o camiño das nosas vidas, e oxalá nos crucemos moitas veces, tanto de festa, como traballando, ou simplemente coincidindo nunha rúa, pero cruzandonos porfavor!!! 


Isto comezou con unha presentación de pequenoslumes.... e eu quero "despedirme" recordandovos a todos e cada un de vos!!! 





GRACIAS por todo lumiños!!! 
Estamos en contacto!!


Acabouse o que se daba


A primeira etapa desta experiencia, que comecei en Outubro de 2014 do ano pasado chega a súa fin, esta semana. Non quero que sexa unha despedida, senon un "deica logo", foron dous cursos cargados de satisfacións, decepcións, superación e moitas alegrías, esto todo foi grazas a vos COMPPAÑEIRAS, aprendín moito de vos, vaisevos botar en falla no día a día.

Grazas a todas por  acompañarme nesta aventura!!

Son unha mais!!




Adxunto este videoclip,unha por que esta rodado en Santiago, xa sabedes que estades obligadas a virme visitar cando queirades e duas por que agora hai que celebrar que se acabaron os exames e esperovos ver en moitas festas!!

QUERO CONTARVOS QUE...

Aínda que xa o sabedes, esta primeira andadura rematou.
Todo comezou fai relativamente pouco, ainda que os exames, traballos, exposicións, etc nos fixeran pensar que sería un longo camiño.
Agora comeza unha nova etapa, na que imos poñer en práctica todo aquelo que sabemos e sobre todo a nosa ilusión!.
Estes dous cursos coñecemos xente nova, aprendemos moitos contidos e sobre todo aprendemos todos de todos e levamos grandes amizades.
Desexovos que teñades moita sorte e disfrutedes como vos merecedes despois de tanto esforzo e horas.

A pola última semana! Un saúdo e unha aperta para todas e todo!




TODO CHEGA AO SEU FIN...



É aquí rematan todos eses agobios, presas e demais momentos de presión, pero rematan para dar paso a algo moito mellor, "as prácticas". 
Aínda nos queda unha semaniña, pero seguro que vai pasar voando. Para rematar, só quero despedirme de todas e todo, dar as grazas polo moito que aprendemos neste tempo, polos momentos bos e polos malos, por todo o que nos pasou, que non foi pouco, pero bueno eu quedome con todo o bo que me pasou e todo o que aprendín, porque foi unha experiencia realmente boa. 
Este ciclo encantoume, e só podo desexarvos o mellor para tod@s, e que as etapas da vida que vos quedan por coñecer sexan tan boas coma esta.

E para despedirme de tod@s vos nesta Semana Santa, desexarvos moita sorte a tod@s, que disfrutedes das prácticas, e que nos vemos nas titorías, e deixovos un vídeo que a min  me encanta e espero que a vos tamén. ;)


Un bico e un abrazo moi forte!!!