domingo, 15 de noviembre de 2015

domingo 15/11/15

Esta semana, a cal nos tocou a Zoraida e a Noemi, chegou ao seu fin. queremos agradecenvos a tod@s os que ledes este blog por estar ahi.

E como un breve consello, agora que empeza a epoca de exames, vouvos dicir que tomedes un tempo para vos sen pensar neles, sendo como un breve periodo de tempo para tomalo nallgun pasatempo que vos guste e asi relaxarvos e que vos saian mellor todos os examenes que se avecinan.

Moita sorte a todos nos examenes que estan por vir e grazas a tod@s!!!!!! 

viernes, 13 de noviembre de 2015

venres 13/11/15

Bos dias a tod@s!!!!!!

Hoxe comezamos o dia cunha clase de primeiros auxilios onde puidemos practicar a RCP e mais practicar co DEA.

Seguidamente tod@s puidemos dicir as nosas dudas respecto a realización dos procedementos de auxilio e a práctica da RCP.

Despois da clase de primeiros auxilios seguimos cunha clase de IFAM, que decidiramos cambiar ei por esta clase, na cal acabamos de ver a película “Fuerte apache”.


Seguidamente continuamos con DAF na cal terminamos de expoñer o tema 1 exposto por toda a clase.

Un saudo e unha forte aperta a tod@s

jueves, 12 de noviembre de 2015

xoves 12/11/15

Bo dia!!!!!

Hoxe comezamos o dia coa clase de habilidades onde a nosa profesora Verónica nos deu a escoller tres películas ( Solo es el principio, El Método, e La Caza) e un capitulo dunha serie chamada Mienteme. Destas tres opcións nun principio eliximos Solo es el principio, pero ao final acabamos vendo La Caza.





Ao final da clase terminamos cos un pequeno debate sobre a película o cal tivemos que aplazalo a medias para o próximo dia de clase de habilidades.


 Despois desta tivemos a clase de autonomía na cal o noso profesor sigueu dando temario ata que paramos para escoitar unha entrevista feita polo canal de radio a cope a nosa profesora Verónica Martinez sobre a actividade “cruzando versos” que estamos a realizar tod@s @s alumn@s de educación infantil, tanto de primeiro coma de segundo curso, xunto cos nosos profesores/as e coa colaboración d@s alumnos de cinco anos dos colexios do concello de Ribadeo.


Para rematar a clase de autonomia sigueu explicando unha parte do tema que esta a dar o noso profesor Diego.

Saudos a tod@s e unha forte aperta!!!!!!


miércoles, 11 de noviembre de 2015

O mércores 11/11/2015


















Este día de clase comezámolo facendo endo o primeiro exame do curso, que lle tocou ao módulo de autonomía, e polo que falamos todos creo que podemos aprobar e que nos saíu bastante ben. 

Na clase de Primeiro Auxilios seguimos coa práctica da RCP e do desfibrilador DESA, para o cal vos pasarei unhas fotos de cómo prácticamos estas técnicas.










Para rematar o día, tivemos clase de DAF, na cal seguimos coa exposición do venres pasado que non acabaramos, a cal foi o tema 2 da UD 1 desta asignatura; repartimos uns carteis de “Cruzando versos” para empapelar todo Ribadeo e arredores e que todos nos visiten o día día 20 de novembro a partir das 10:00 da mañá.  


Por último quero poñervos algo que se me esqueceu onte que ten que ver co módulo IFAM  e coa película que comezamos a ver.

“FUERTE APACHE”



Para rematar preséntovos uns consellos para darvos animos.


Saúdos e unha aperta!!!!




martes, 10 de noviembre de 2015

MARTES 9/11/2015

Comezamos o día coa clase de IFAM, na cal tiñámos que entregar os vídeos con relación ao Día Internacional dos Dereitos da Infancia, que por certo todos foron moi chulos con ideas diferentes relacionadas co mesmo tema, ENCANTÁRONME <3 <3
Pasareivos hoxe algunha foto e o venres pasaremos as ligazóns para que poidades disfrutar deles sempre que queirades.





En canto á outra clase que tivemos, que foi DAF, redactamos nun folio en branco as cousas que queremos cambiar de nós porque non nos gustan, e a profe Verónica fixonos unha reflexión individual. Tamén falamos sobre o tema de "Cruzando versos", para o cal tiñamos que levar unha pedra para que os nenos poidan pintanlas o día 20 de novembro e a actividade non se pode realizar. ESPEREMOS QUE NON CHOVA ESE DÍA!!!
Para continuar coa clase, Verónica explicou a unidade 0 e tamén empezamos a explicar nós por grupos (os xa formados anteriormente para explicar o temario) a unidade 1, aínda que non rematamos e debemos continuar para o próximo día de clase de DAF.

Para finalizar, quero desexarvos moita sorte no exame de AUTONOMÍA de mañá a tod@s!!

Un saúdo e unha aperta!!

lunes, 9 de noviembre de 2015

BENVIDA A SEMANA DO BLOG DA CLASE DE NOEMÍ E ZORAIDA

Moi bos días a todas e todo!!!

Hoxe comeza a semana na que Noemí e máis eu, Zoraida, nos encargamos do blog da clase e facémolo con moito gusto. 

Tod@s sabedes que nós as dúas somos persoas moi moi tímidas e retraídas, pero esta semana imos vencer esa timidez e contarvos con detalle e agarimo todo o que acontece na aula día a día.

Por outra banda, esta é unha semana que alberga moitas tensións por mor de algunhas exposicións dos módulos de DAF e HHSS, e tamén polo primeiro exame do curso que temos o mércores e correspondelle ao módulo de Autonomía. Dende a miña persoa, desexovos moitísima sorte a tod@s e que poidamos aprobar este primeiro exame e todos os que quedan claro, a ser posiblecon boa nota. ;)

Por outro lado vou falar das cousas que fixemos hoxe en clase. En Autonomía seguimos coas exposicións da gastronomía de diferentes culturas que empezamos o xoves da semana anterior; primeiramente acabamos a exposición da gastronomía asiática que non acabaran o xoves, despois continuamos coa gastronomía arábica, e por último, a gastronomía africana.

Na clase de IFAM, primeiramente tivemos que entregar o resumo duns artigos da lei 26/2015 que nos pediu a profesora para afianzar conceptos. A parte disto, tamén tivemos que organizar por grupos a actividade de "Cruzando versos".

Continuando por outro lado, deixovos a ligazón da noticia sobre a colaboración que fixo o alumnado de 1º de Dependencia na iniciativa "Tecemos por Siria", a ligazón e de La Voz de Galicia, onde aparecen elas coma protagonistas amosando a manta que ganchillaron e calcetaron con cariño e solidariedade.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2015/10/22/alumnado-porta-da-auga-teje-mantas-siria/0003_201510X22C6991.htm
Para finalizar, deixovos unha foto da famosa marca "Mr Wonderfull" para que vos anime nesta semana que nos espera. 
Saúdos, un bico e unha aperta moi forte!!!!!