miércoles, 9 de diciembre de 2015

Boas tardes Lumin@s!!! 



E como se de arte de maxia se tratase, estamos na metade desta semana, e como non, imos facer un resumo do noso día de hoxe.


Comezamos o día pegandonos o madrugon de sempre(as que imos dende "lonxe"), para chegar a hora exacta e poñernos as pilas con AUTONOMIA!!!  Aixx eses casos prácticos que nos fixeron pensar xa de boa maña!! ajajaja

Ata ahí todo foi ben, ata que chegou a clase de Primeiros Auxilios... a cal esperabamos ansiosas para saber as notas e debemos mencionar que......


ESTAMOS APROBAD@S!!!!! OLE POR NOS COMPIS!!!!


... e polo tanto a mañan xirouse perfecta como non, e por último rematamos a xornada estudantil coa presentación do tema 6 de hablidades exposto pol@s nosas compañeira@s que día a día o fan mellor e van deixando os nervios de lado e explican como verdadeir@s educadores/educadoras que vamos a ser nun futuro... digamos que MOI PROXIMO.


Para rematar, solo decir que todos est@s pequen@s lumiñ@s  estamos a deixarnos os codos estudando para o último esforzo que nos queda nesta avaliación!!!


Veña Lumiñ@s un último esforzo e xa podemos dispoñer un pouco do tempo libre que temos!jajaja


MOITISIMA SORTE PARA MAÑA!!!!   





¡¡¡RECORDADE ISTO!!!











Estamos en contacto :) 

lunes, 7 de diciembre de 2015

Boas Lumiñ@s!

Hoxe comezamos nova semana, e como tod@s sabedes, esta é especialmente curta grazas á ponte de Decembro

A pesar de que ata o Mércores non volvemos á clase, non temos tempo para moito xa que seguimos ó pe do cañón con traballos, exames, preparando presentacións (que saíremos expertas en isto jajajaja)...


Agora vamos presentarnos, as que esta semana estamos ao cargo deste blog:





Eu son María Rivas, vivo en Burela e teño 24 anos. Son unha persoa tranquila e moi cariñosa. Gústame moito leer, coser, estar cos amigos, pero sobre todo, os nenos/as. 














Eu son Raquel Blas, vivo en Cervo e teño 22 anos. Son unha persoa moi risueña, e, aínda que non o demostre demasiado, moi cariñosa. Gústame salir cos amigos, cantar, o fútbol e sobre todo, desde fai 2 anos, encantame estar coa miña afillada, Leire.









Tanto María, como eu, Raquel, estamos encantadas de esta semana poder contarvos todo o que facemos na clase. 

Sólo queda despedirnos, e desexarvos que o pasedes moi ben os días que quedan de ponte, pero, non vos olvidedes do examen do Xoves de Autonomía!





Ata o próximo día Lumiñ@s!!!!! 




sábado, 5 de diciembre de 2015

Comezo da ponte!!!!

Moi boas tardes lumiños !!!!
Hoxe é o primeiro de todos estos días que temos de ponte !!! nós como encargadas desta semana vamos a recomendarvos varias actividades para estos días !!!
Hoxe en Ribadeo comeza o Mercado do Nadal , e con el pósdese disfrutar tanto de varios postos de artesanía, comida .... como de actividades varias.  Aproveitando aos xogos musicais dos grupos que os días anteriores demos a coñecer, hoxe en Ribadeo hai un obradoiro de "Xoguemos cantando" orientado os máis pequenos e pequenas e a continuación magosto e gran foliada.
  




E xa como despedida por esta semana vamos a recomendar un espectáculo que anda a dar a volta por Galicia onde se xuntan moitos destes artistas e merece a pena ir velo: SONS MIÚDOS.

SONS MIUDOS é un musical de teatro no que se narra a historia da música infantil galega, cun elenco de luxo: Magín Blanco de A nena e o grilo, Gloria de Mamá Cabra, Uxía de María Fumaça, Pablo Díaz de Tic Tac, Xoán Curiel de Estamos no verán, Paco Nogueiras de Brinca Vai, Teatro Ghazafelhos, e a Banda do Sons Miúdos con Brais de Tropa de Trapo  e moitos máis.

Deixovos uns enlaces para que descubrades máis!!!



Ata a próxima pequenos lumiños , foi un pracer poder compartir este tempo con vós.

Boa Ponte  tod@s!!!!!!!!



viernes, 4 de diciembre de 2015

Hola pequenos lumiños!
Xa estamos a venres e comezan unhas minivacacións, gracias á ponte de decembro!
Vamos comezar a narrar o que fixemos hoxe na clase.
As primeiras horas tivemos exame práctico de Primeiros Auxilios que consistía en cómo actuar no caso de encontrar a un neno inconsciente e que non respira no chan; xa sabedes, o proceso é similar a se fose un adulto, agás que hai que abrir a vía aérea con máis suavidade e hai que comezar con 5 ventilacións antes de comezar co RCP, que se fará durante un minuto antes de chamar ao 061 para logo reanudar as series de 30 contraccións e 2 ventilacións.
En Empresa e Iniciativa Emprendedora seguimos co Proxecto Empresarial. E logo as tres últimas horas dedicámolas a ver dous capítulos da serie "Mínteme", que está baseada no traballo de estudo e investigación realizado polo psicólogo Paul Ekman.
Paul Ekman (1934) é un psicólogo pioneiro no estudo das emocións e as expresións faciais. É considerado un dos cen psicólogos máis destacados do século XX. Ekman asume unha perspectiva evolutiva, no sentido de que o desenvolvemento dos rasgos e estados do ser humano, no tempo, é o fundamento das súas investigacións.
Hoxe comezáronse a transmitir nunha pantalla que se instalou na entrada do centro, os nosos vídeos feitos co motivo do Día dos Dereitos do Nen@.



E chegou o Nadal ao CIFP Porta da Auga! Xa puxeron a árbore!


Xa que temos éstas datas navideñas tan preto, déixovos con unha canción do Brinca Vai! de Paco Nogueiras que nos fala do Apalpador, personaxe que vén nestas datas para apalparnos as barrigas e dependendo de si están cheas ou baleiras déixanos agasallos ou non.
                                                      

                                  


Espero que a distrutedes! Ata outra!



jueves, 3 de diciembre de 2015

CUMPLE DA NOSA DELEGADA !!!!

Moi boas tardes lumiños!!!

Pois un día máis vamos a facer un repaso de todo o que fixemos na clase o día de hoxe!!

En DAF tivemos exposición do tema 3 a cargo do grupo 2, e unha vez rematado seguiuse organizando e traballando no tema dos vídeos da actividade "Cruzando versos".

A continuación debido a que mañá hai exame práctico de Primeiros Auxilios, fixemos prácticas de últimas horas para ter todo mooooiii clariño para mañá! Esperemos facelo todos moi ben e que os nervios non nos xoguen ningunha mala pasada.

Práctica Judit


Hoxe está de cumple a nosa delegada, e que mellor forma de agradecerlle todo o que fai pola clase que prepararlle unha pequena sorpresiña e aparecerlle coas velas para soplar!!!!



E por último en Autonomía, rematamos o temario para o exame da semana próxima e comezamos a buscar información para un traballo sobre os métodos para ensinar a dormir aos máis pequenos e pequenas como son o colecho e o estivil.


Como consello de hoxe para seguir coñecendo xogos musicais galegos para os máis pequenos e pequenas presento a María Fumaça. 




María Fumaça' é un espectáculo musical que nace a partir do libro-disco-dvd 'María Fumaça. Cantar e bailar para ser máis feliz', editado por Galaxia. Recoñecidos nomes da música e o teatro galegos como Uxía, Magín Branco, Sergio Tannus, Serginho Sales, Carlos Branco, Isaac Palacín e Tanxarina, entre outros, uníronse para interpretar os máis de vinte temas do disco e xuntos desenvolven, así mesmo, a súa versión escénica como celebración da alegría de vivir.









E xa para irnos despedindo deixo un trailer dun documental que é unha iniciativa na que se reflexa o documental Línea de meta, daunha xoven cineasta sevillana Paola García Costas, cuio preestreno se celebrou o 12 de novembro en Valencia. o documentar trata de unha nena chamada María e da súa familia. María foi a primeira nena diagnosticada en Valencia con o síndrome de Rett. Deixovos máis información sobre o tema: 








Ata aquí chega o día de hoxe lumiños !!!!

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Boas tardes, pequenos lumes!
Aquí estamos outro día máis contando todo aquilo que aconteceu na clase.
Hoxe, mércores, nas tres primeiras horas tivemos Autonomía Persoal e Saúde Infantil e estivemos rematando o tema. Principalmente, estivemos a falar da hixiene que deben ter os nenos e as nenas, do cambio do cueiro, de cómo se visten e desvisten,... Ata tivemos unha parte práctica!
  




Despois, tivemos o noso primeiro exame teórico de Primeiros Auxilios, espero que aprobemos tod@s!
E as últimas duas horas estivemos expoñendo o tema 5 de Habilidades Sociais: "Os conflitos e a súa resolución", e para comezar a exposición fixemos unha dinámica que consistía nun xogo baseado no popular "Quen quere ser millonario?" 





Para rematar, déixovos dúas cancións do libro-disco "Pan de Millo" do grupo Migallas, que está publicado por Kalandraka e dirixido a público familiar que reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais. 
Migallas é unha compañía de teatro pontevedresa que foi constituída de xeito profesional no ano 1996, aunque como grupo afeccionado a súa creación data do 1992.

                                     



                                          

Espero que vos gusten moito! Ata mañá!



martes, 1 de diciembre de 2015

Boa e fría tarde-noite pequenos lumiñ@s!!!! Comezamos o mes de decembro, e xa podemos ir descontando os poucos días que quedan para o Nadal, e como non para as tan ansiadas vacacións.

En primer lugar vamos facer un breve repaso do día de hoxe na clase:

En IFAM dedicamos as clases para rematar de ver a materia que entra para o exame que temos a vindeira semana.

En DAF, dado que xa rematamos a materia que pertence a esta avaliación, comezamos a organizar a materia e as fechas de exposicións e exames da vindeira avaliación. Noutra parte da clase estivemos a organizarnos para realizar uns vídeos explicativos sa actividade xa realizada "Cruzando Versos".

E como xa comentamos ontes, algo que nos gusta moito a nós (Sonia e Noe) son os xogos musicais galegos, entón decidimos que esta semana nos vamos a encargar de encher o blogue deste tipò de xogos xa que nos parece que os nenos e nenas deben de coñecer a nosa cultura ; e de que mellor maneira que xogando e cantando.

Pois hoxe o turno tócalle a PESDELÁN.O grupo Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.). O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido. É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas. Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.

Un dos xogos que tanto personalmente nos gusta como triunfa nos nenos e nenas é o coñecido "Xogo da Carrasquiña". É un recurso co cal se pode traballar con nenos e nenas de todas as idades unha serie de aspectos como a memorización, a motricidade, relaxación,activación ... Deixámosvos un vídeo protagonizados por uns nenos e nenas dun cole para que vexades un exempo: 






E ata aquí chega toda nosa publicación!!! estudiade moito para o exame de mañá lumiños !!!!!!