viernes, 4 de diciembre de 2015

Hola pequenos lumiños!
Xa estamos a venres e comezan unhas minivacacións, gracias á ponte de decembro!
Vamos comezar a narrar o que fixemos hoxe na clase.
As primeiras horas tivemos exame práctico de Primeiros Auxilios que consistía en cómo actuar no caso de encontrar a un neno inconsciente e que non respira no chan; xa sabedes, o proceso é similar a se fose un adulto, agás que hai que abrir a vía aérea con máis suavidade e hai que comezar con 5 ventilacións antes de comezar co RCP, que se fará durante un minuto antes de chamar ao 061 para logo reanudar as series de 30 contraccións e 2 ventilacións.
En Empresa e Iniciativa Emprendedora seguimos co Proxecto Empresarial. E logo as tres últimas horas dedicámolas a ver dous capítulos da serie "Mínteme", que está baseada no traballo de estudo e investigación realizado polo psicólogo Paul Ekman.
Paul Ekman (1934) é un psicólogo pioneiro no estudo das emocións e as expresións faciais. É considerado un dos cen psicólogos máis destacados do século XX. Ekman asume unha perspectiva evolutiva, no sentido de que o desenvolvemento dos rasgos e estados do ser humano, no tempo, é o fundamento das súas investigacións.
Hoxe comezáronse a transmitir nunha pantalla que se instalou na entrada do centro, os nosos vídeos feitos co motivo do Día dos Dereitos do Nen@.



E chegou o Nadal ao CIFP Porta da Auga! Xa puxeron a árbore!


Xa que temos éstas datas navideñas tan preto, déixovos con unha canción do Brinca Vai! de Paco Nogueiras que nos fala do Apalpador, personaxe que vén nestas datas para apalparnos as barrigas e dependendo de si están cheas ou baleiras déixanos agasallos ou non.
                                                      

                                  


Espero que a distrutedes! Ata outra!



No hay comentarios:

Publicar un comentario