Boa e fría tarde-noite pequenos lumiñ@s!!!! Comezamos o mes de decembro, e xa podemos ir descontando os poucos días que quedan para o Nadal, e como non para as tan ansiadas vacacións.
En primer lugar vamos facer un breve repaso do día de hoxe na clase:
En IFAM dedicamos as clases para rematar de ver a materia que entra para o exame que temos a vindeira semana.
En DAF, dado que xa rematamos a materia que pertence a esta avaliación, comezamos a organizar a materia e as fechas de exposicións e exames da vindeira avaliación. Noutra parte da clase estivemos a organizarnos para realizar uns vídeos explicativos sa actividade xa realizada "Cruzando Versos".
E como xa comentamos ontes, algo que nos gusta moito a nós (Sonia e Noe) son os xogos musicais galegos, entón decidimos que esta semana nos vamos a encargar de encher o blogue deste tipò de xogos xa que nos parece que os nenos e nenas deben de coñecer a nosa cultura ; e de que mellor maneira que xogando e cantando.
Pois hoxe o turno tócalle a PESDELÁN.O grupo Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.). O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido. É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas. Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.
Un dos xogos que tanto personalmente nos gusta como triunfa nos nenos e nenas é o coñecido "Xogo da Carrasquiña". É un recurso co cal se pode traballar con nenos e nenas de todas as idades unha serie de aspectos como a memorización, a motricidade, relaxación,activación ... Deixámosvos un vídeo protagonizados por uns nenos e nenas dun cole para que vexades un exempo:

E ata aquí chega toda nosa publicación!!! estudiade moito para o exame de mañá lumiños !!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario