miércoles, 2 de diciembre de 2015

Boas tardes, pequenos lumes!
Aquí estamos outro día máis contando todo aquilo que aconteceu na clase.
Hoxe, mércores, nas tres primeiras horas tivemos Autonomía Persoal e Saúde Infantil e estivemos rematando o tema. Principalmente, estivemos a falar da hixiene que deben ter os nenos e as nenas, do cambio do cueiro, de cómo se visten e desvisten,... Ata tivemos unha parte práctica!
  




Despois, tivemos o noso primeiro exame teórico de Primeiros Auxilios, espero que aprobemos tod@s!
E as últimas duas horas estivemos expoñendo o tema 5 de Habilidades Sociais: "Os conflitos e a súa resolución", e para comezar a exposición fixemos unha dinámica que consistía nun xogo baseado no popular "Quen quere ser millonario?" 





Para rematar, déixovos dúas cancións do libro-disco "Pan de Millo" do grupo Migallas, que está publicado por Kalandraka e dirixido a público familiar que reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais. 
Migallas é unha compañía de teatro pontevedresa que foi constituída de xeito profesional no ano 1996, aunque como grupo afeccionado a súa creación data do 1992.

                                     



                                          

Espero que vos gusten moito! Ata mañá!



No hay comentarios:

Publicar un comentario