jueves, 3 de diciembre de 2015

CUMPLE DA NOSA DELEGADA !!!!

Moi boas tardes lumiños!!!

Pois un día máis vamos a facer un repaso de todo o que fixemos na clase o día de hoxe!!

En DAF tivemos exposición do tema 3 a cargo do grupo 2, e unha vez rematado seguiuse organizando e traballando no tema dos vídeos da actividade "Cruzando versos".

A continuación debido a que mañá hai exame práctico de Primeiros Auxilios, fixemos prácticas de últimas horas para ter todo mooooiii clariño para mañá! Esperemos facelo todos moi ben e que os nervios non nos xoguen ningunha mala pasada.

Práctica Judit


Hoxe está de cumple a nosa delegada, e que mellor forma de agradecerlle todo o que fai pola clase que prepararlle unha pequena sorpresiña e aparecerlle coas velas para soplar!!!!



E por último en Autonomía, rematamos o temario para o exame da semana próxima e comezamos a buscar información para un traballo sobre os métodos para ensinar a dormir aos máis pequenos e pequenas como son o colecho e o estivil.


Como consello de hoxe para seguir coñecendo xogos musicais galegos para os máis pequenos e pequenas presento a María Fumaça. 




María Fumaça' é un espectáculo musical que nace a partir do libro-disco-dvd 'María Fumaça. Cantar e bailar para ser máis feliz', editado por Galaxia. Recoñecidos nomes da música e o teatro galegos como Uxía, Magín Branco, Sergio Tannus, Serginho Sales, Carlos Branco, Isaac Palacín e Tanxarina, entre outros, uníronse para interpretar os máis de vinte temas do disco e xuntos desenvolven, así mesmo, a súa versión escénica como celebración da alegría de vivir.









E xa para irnos despedindo deixo un trailer dun documental que é unha iniciativa na que se reflexa o documental Línea de meta, daunha xoven cineasta sevillana Paola García Costas, cuio preestreno se celebrou o 12 de novembro en Valencia. o documentar trata de unha nena chamada María e da súa familia. María foi a primeira nena diagnosticada en Valencia con o síndrome de Rett. Deixovos máis información sobre o tema: 








Ata aquí chega o día de hoxe lumiños !!!!

1 comentario:

  1. jajajajajajaja muchas gracias!!! Así da gusto!
    Gracias por las recomendaciones, tomaré nota ;)

    ResponderEliminar