martes, 10 de noviembre de 2015

MARTES 9/11/2015

Comezamos o día coa clase de IFAM, na cal tiñámos que entregar os vídeos con relación ao Día Internacional dos Dereitos da Infancia, que por certo todos foron moi chulos con ideas diferentes relacionadas co mesmo tema, ENCANTÁRONME <3 <3
Pasareivos hoxe algunha foto e o venres pasaremos as ligazóns para que poidades disfrutar deles sempre que queirades.





En canto á outra clase que tivemos, que foi DAF, redactamos nun folio en branco as cousas que queremos cambiar de nós porque non nos gustan, e a profe Verónica fixonos unha reflexión individual. Tamén falamos sobre o tema de "Cruzando versos", para o cal tiñamos que levar unha pedra para que os nenos poidan pintanlas o día 20 de novembro e a actividade non se pode realizar. ESPEREMOS QUE NON CHOVA ESE DÍA!!!
Para continuar coa clase, Verónica explicou a unidade 0 e tamén empezamos a explicar nós por grupos (os xa formados anteriormente para explicar o temario) a unidade 1, aínda que non rematamos e debemos continuar para o próximo día de clase de DAF.

Para finalizar, quero desexarvos moita sorte no exame de AUTONOMÍA de mañá a tod@s!!

Un saúdo e unha aperta!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario