lunes, 16 de noviembre de 2015

Boa tarde lumiños/as!!

Esta semana as encargadas de mantervos ao día de todo o que acontece somos Carolina e Andrea, e ainda que estamos de luns estamos moi contentas de poder facervos chegar todas as novas da semana.

Hoxe en autonomía estivemos elaborando por grupiños uns menús infantís semanais do máis saudables e enriquecedores, cheíños de nutrientes!!!

Aquí mesmo vos deixo a tan coñecida pirámide dos alimentos, que posiblemente ocupase na vosa infancia algún rincón do vosos frigorífico.



Así que lembrade prestarlle atención ao que comedes, que como di a voz da experiencia (a miña querida avoa) "SOMOS O QUE COMEMOS". E aproveitade estes fermosos días de outono que estamos tendo para saír a facer deporte ao aire libre.

                                                




E na clase de IFAM tivemos a sorte de contar coa experiencia dunha das nosas compañeiras de clase nun centro de día como integradora social, que nos relatou moi ben a súa vivencia.

Sempre é bo coñecer outro tipo de educación, e non soamente a formal, na variedade está o gusto da vida!!

Ata aquí o día de hoxe, voltaremos mañan con máis novas e algunha recomendación!!

Desfrutade da tarde e da posta de sol que xa está a piques de rematar!





No hay comentarios:

Publicar un comentario