viernes, 20 de noviembre de 2015

Boas noites lumiños/as!!!

Antes de nadiña felicitarvos a todas e todos pola gran labor realizada hoxe cos picariños e picariñas dos coles da vila de Ribadeo e pola preparación de dita actividade, cun excelente resultado.

O día comezou sendo un pouco caótico, pero pronto a nosa rápida actuación e unión fixo os seus efectos e todo volveu á normalidade. Agradecer por suposto toda a confianza e o apoio que depositaron en nos as profes Verónica e Cris, sodes moi grandes!!!

A actividade namorou tanto a nenos e nenas, como aos maiores que paseaban pola vila (foron moitos e moitas as que se pararon a felicitarnos por esta iniciativa), e ainda que o tempo non acompañou... TRABALLO REMATADO!!!

Esta actividade levouse a cabo no día de hoxe por ser o día mundial dos dereitos do neno, e por iso vou deixar aquí o enlace cos vídeos que realizamos con dito motivo, moi orixinais e completos todos eles, que explican brevemente o que son:

https://www.youtube.com/channel/UCzeZxoXomTuw7PqnQu-yKFA

Deixovos tamén algunhas das fotiños do traballo que realizaron os/as nenos/as no día de hoxe, agardamos que vos gusten!!!





















Bo finde, desfrutade e poñede os abrigos que chegou o inverno!!

1 comentario:

  1. Fermosísima actividade!!!
    Parabéns polo voso traballo e un saúdo dende o CIFP Ánxel Casal Monte Alto
    Puri Vázquez

    ResponderEliminar