Boas a todas e todos!
Hoxe traémosvos moitas fotos e grandes noticias; como xa sabedes, o xoves celebramos o Magosto no centro, e foi todo un éxito!!!
Comezamos a mañá saboreando doces que fixeron as alumnas e alumnos de Dependencia. ¡Qué rico estaba todo!
Pero había que deixar sitio para as castañas e os xogos populares, que se celebraron de 12:00 a 13:00h da mañá no patio do centro.

Todos os ciclos estaban convidados, e quixeron participar nesta gran festa, incluído mestres e mestras!
E coma sempre, nunha festa non pode faltar a música...tivemos unhas cantareiras moi especiais que amenizaron e disfrutaron cantando grandes temas!
Vémonos por estes lares, saudádenos sempre!!
Saúdos a todas e todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario