Chegamos á fin, á fin das clases, á fin dos
exames, á fin dos traballos, á fin dos apuros, á fin das noites sen durmir...
pero tamén á fin do traballo en equipo, á fin das técnicas de relaxación, á fin
das clases no patio, á fin de compartir cada día un chachiño máis de cada unha
(e un) de nós, á fin da terapia en grupo, á fin das charlas na cafetería, á fin
das escapadas ao Xardín...
Nestes dous anos vivimos e compartimos bos e
malos momentos e é agora, cando botamos contas dos resultados, cando, aínda que
levemos meses desexando que chegue este día, dámonos conta do que nos botaremos
de menos.
Grazas por compartir comigo estes dous anos
dos que me levo aprendizaxe, amizade e un soño cumprido e... TODO O QUE QUEDA
POR VIR!
Ata sempre!
(Déixovos unha foto desta mesma mañá, o último traballo, feito con imaxinación, traballo duro e moitas moitas ganas!)
No hay comentarios:
Publicar un comentario